O mal tempo no mar impide aos mergulladores acceder ao interior do narcosubmarino da Arousa
O mal tempo no mar impide aos mergulladores acceder ao interior do narcosubmarino da Arousa
Primeiras imaxes da nave baixo a auga
Localizado un novo narcosubmarino na ría da Arousa
Este é os segundo narcosubmarino aparecido en Galicia, o primeiro detectouse na ría de Aldán, en Cangas
Efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil fixeron unha primeira inmersión na zona onde este luns se afundiu un semisomerxible de fabricación caseira.
Pero as malas condicións do mar impediron que puidesen acceder ao seu interior. Este martes, volverán facer un novo intento.
O narcosubmarino apareceu a unha milla da costa na ría da Arousa, fronte ao porto de Vilaxoán.
A propia subdelegada do Goberno en Pontevedra Maica Larriba confirmou que este luns non sería posible reflotar a nave e que, en todo caso, se levará a cabo esa manobra "canto antes", en canto as condicións meteorolóxicas o permitan.
O semisomerxible foi avistado por un mariñeiro na mañá deste luns. Foi el o que deu aviso ás autoridades.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Vixilancia Aduaneira, Salvamento Marítimo e Garda Civil.
En terra despregouse a Policía Nacional.
Aínda que non se puido acceder ao interior da embarcación, os investigadores vinculan este achado coa actividade de narcotráfico e coa aparición, en febreiro pasado, de dúas planadoras varadas na costa de Ribeira.