A luz segue por baixo dos 200 euros o megawatt hora por oitavo día consecutivo
O máximo rexistrarase entre as 21:00 e as 22:00
O mínimo pagarase entre as 16:00 e as 17:00 horas

O prezo medio da electricidade no mercado grosista baixa este sábado un 3,73 % con respecto ao venres, polo que diminúe por terceiro día consecutivo e mantense por baixo da cota dos 200 euros o megawatt hora (MWh) oito xornadas seguidas.
Segundo os datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE), o pool comeza a fin de semana marcando o segundo rexistro máis baixo no que vai de maio: 162,35 euros/MWh, só por riba dos 127,23 do día 15.
Por franxas horarias, o máximo (227,98 euros/ MWh) rexistrarase entre as 21:00 e as 22:00 horas e o mínimo (126,04 euros/MWh) pagarase entre as 16:00 e as 17:00 horas. Respecto ao prezo medio de hai un ano, este sábado é un 82,41 % máis caro.