Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume calcina a herba acumulada nunha nave de Rodeiro

O lume calcina a herba acumulada nunha nave de Rodeiro

Descoñécese cal foi a causa do incendio

Imaxe do interior da nave sinistrada este mércores, horas despois do sinistro Imaxe do interior da nave sinistrada este mércores, horas despois do sinistro
G24.gal 07/06/2023 13:15

Un incendio reduciu a cinzas a herba almacenada nunha nave agrícola do concello de Rodeiro. Esta mañá aínda saía fume da instalación sinistrada, situada no lugar de Bardelás, na parroquia de Carboentes.

Descoñécese cal foi a causa do incendio. Segundo di a súa propietaria, descubriron o lume cando estaban a cambiarlle a batería a un tractor este martes ao mediodía.

Como consecuencia do sinistro, quedou destruída parcialmente a cuberta, composta de placas de fibrocemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade