Cargando resultados...
O Luís Otero queda en Pontevedra grazas a un gol de Abelenda
O Lugo caeu en Pasarón superado na primeira parte e moi fallón diante da porta contraria na segunda
G24.gal
27/07/2022 21:51
O Pontevedra impúxose ao Lugo (1–0) e levou o Trofeo Luís Otero. Chegoulle cun gol de Brais Abelenda preto do descanso.
O primeiro tempo foi de cor granate. O equipo de Antonio Fernández fixo un gran fútbol e dispuxo de máis ocasións diante da porta lucense. Charles viu como lle anulaban un gol por fóra de xogo, pero no minuto 41 un disparo de Brais desviado por un defensa acabou na rede.
Na segunda metade, a iniciativa levouna o Lugo. Dispuxo de tres grandes oportunidades para empatar, pero non tivo o tino necesario cara á porta contraria.