Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo responde ata en tres ocasións e rabuña un meritorio punto

O Lugo responde ata en tres ocasións e rabuña un meritorio punto

G24.gal 12/03/2022 20:32

Coma se fose un combate de boxeo, o Lugo afrontou o encontro co Almería coma un corpo a corpo no que exhibiu o mellor da súa pegada.

Os andaluces dominaron a escena con múltiples chegadas que se reflectiron no primeiro tanto de Sadiq no minuto trece, logo de que a pelota tocase levemente en Pita.

Os golpes eran continuos e constantes. Pero o Lugo realizou un auténtico exercicio de resistencia que se viu recompensado co tanto do empate de Ricard Sánchez no seu primeiro remate no encontro. Minuto trinta e oito e logo das oportunidades dos de Rubi, o Lugo igualaba o encontro.

Tralo descanso, o Almería saíu decidido polo partido. Ramazani fixo lucirse a Whalley.

E un minuto despois, Sadiq remataba un centro de Portillo para facer o seu segundo tanto no partido, o decimoquinto na Liga.

O Almería buscaba pechar o partido cun terceiro gol, pero o que chegou foi a igualada do Lugo nun directo de Clavería que bateu a Fernando. Primeiro tanto do centrocampista, cada vez máis asentado no seu novo equipo.

Pero os locais volveron o ataque na busca da vitoria. E o que atoparon foi un novo tanto, no que Akieme dispara e Clavería desvia cara a súa propia portería.

Calquera podía pensar que este gol ía supoñer a sentenza definitiva, pero o Lugo aínda tería a última palabra. Carrillo provoca un córner nun man a man con Fernando.

E tras o saque, o propio Carrillo lograba de cabeza o seu noveno gol da temporada, o oitavo coma visitante. Era o minuto setenta e nove.

O final, combate nulo, pero que para o Lugo ten sabor a vitoria e resalta o seu carácter competitivo. Unha derrota nos últimos dezaseis partidos engrandecen o labor dos homes de Albés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade