Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo quere superar os 56 puntos, a marca histórica do club

O Lugo quere superar os 56 puntos, a marca histórica do club

Xavi Torres: "Desde que está Nafti, o Lega ten números de play-off"

G24.gal 21/04/2022 13:37

Quenda para Xavi Torres na sala de prensa do estadio Anxo Carro. O valenciano, un dos xogadores fundamentais da tempada, facía a súa análise sobre o momento do equipo, o futuro inmediato na competición, e a situación dun rival poderoso, como o C. D. Leganés, na súa visita ao feudo albivermello:

"Queremos superar os 56 puntos, a marca histórica do club"

"Estou recuperado, collendo ritmo necesario. Queda esquecido o tema do sóleo. Tróuxome algunha dor de cabeza"

"A lesión foi unha pena, cortoume unha progresión de partidos boa. Estou contento a nivel individual e colectivo polo ano feito, quédanos o sprint final. Queremos quedar o mellor posible, está claro"

"O domingo teremos enfronte a Nafti. Foi unha persoa que fixo o seu traballo aquí, e que achegou. Pero no partido temos á afección do noso lado, queremos sumar de tres en tres, e conseguir os puntos para quedar o máis arriba posible"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade