Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo presenta a Carlos Pita e a Wagner Molina, novos responsables da área deportiva

O Lugo presenta a Carlos Pita e a Wagner Molina, novos responsables da área deportiva

Tras doce anos dirixindo o centro do campo, Pita asume con naturalidade o seu novo rol

O novo director deportivo insiste na confianza do club no grupo actual de xogadores

G24.gal 22/06/2022 20:01

O Lugo inicia nova etapa da man de dous vellos coñecidos. Carlos Pita, novo director deportivo. E Wagner Molina, secretario técnico. Tras doce anos dirixindo o centro do campo, Pita asume con naturalidade o seu novo papel no club. 

"A responsabilidade é diferente porque ao final non é o mesmo ser xogador que estar na parcela deportiva. No campo controlas moitas máis cousas e eu agora vou controlar poucas. Tratarei de axudar dende fóra en todo o posible, o adestrador, os xogadores. Estarei preto deles para que o rendemento do equipo continúe sendo bo", asegurou Carlos Pita.

Pita non agarda grandes complicacións no mercado

Di o excapitán que non agarda grandes movementos nin complicacións neste mercado e que a confianza no actual grupo é total. 

"Non prevemos un mercado complicado. Non temos que reforzar tanto o equipo, confiamos moito nos que estaban o ano pasado. Queremos seguir contratando xente para ser competitivos e manter o nivel do curso anterior, pero cremos que en principio non vai ser complicado ", explicou Pita. 

"Hernán Pérez está disposto a adaptarse ás necesidades do club", explicou Wagner Molina

Fundamental neste sentido será o papel do novo adestrador, Hernán Pérez, e a súa capacidade de adaptación ás especificidades do Lugo. 

"Estivo en clubs que teñen un perfil parecido, que non poden facer grandes operacións no mercado. El vaise adaptar e ten ganas de facelo. Comprende perfectamente o noso escenario. Non nos esixiu un perfil de xogador concreto", dixo Wagner Molina. 

Falouse moito do filial esta tarde. A idea a día de hoxe, ratificaron as partes, é apostar polo fútbol de base e formar os xogadores para que cheguen ao primeiro equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar