Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo pode pechar a permanencia ante o Tenerife

O Lugo pode pechar a permanencia ante o Tenerife

Whaley: "Este é o partido máis importante do ano porque podemos acadar o obxectivo"

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 27/04/2022 13:20

Comparecencia de prensa de Óscar Whalley no estudo Anxo Carro. O meta detallaba na súa intervención o momento polo que atravesa o equipo nos días previos ao choque fronte ao CD Tenerife.

Para o maño, a consecución do obxectivo pasa forzosamente polo papel do equipo en casa, e o bo traballo realizado podería dar os seus froitos definitivos esta fin de semana, alcanzando a salvación matemática:

"Este é o partido máis importante do ano porque podemos acadar o obxectivo"

"A portería a cero é traballo de todo o equipo. Foi unha pena non conseguir a vitoria, tivemos mellores ocasións. Fomos moito máis perigosos que o rival, e merecemos levarnos algo máis"

"O C. D. Tenerife está a facer as cousas ben, por iso está aí arriba. Con todo, estamos a demostrar que podemos competir con calquera, e esa será a nosa folla de ruta"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar