Un gol de Señé propicia a estrea vitoriosa do Lugo
O Lugo resistiu un asedio na segunda metade cun Whalley destacado
O resumo

O Lugo xa sabe o que é gañar nesta liga na segunda división.
Conseguiu un agónico triunfo diante do Leganés nun partido no que ofreceu dúas caras. Unha moi convincente na primeira parte, na que foi superior e obtivo vantaxe cun gol de Señé aos 28 minutos. Na xogada participan de xeito decisivo Miguel Loureiro e Cuéllar.
Antes do descanso, Óscar Whalley salvou o Lugo cunha gran parada, no que foi o anticipo do que sucedería na segunda parte. Sobre todo cara ao final o Leganés incrementou o asedio. Dispuxo de oportunidades e forzou innumerables saques de esquina. Nun exercicio de resistencia case heroico, o Lugo asegurou un importante triunfo que lle dá un plus de confianza.
Estreouse no centro da defensa o canteirán Jesús, substituíndo ao sancionado Alberto Rodríguez.