O Lugo gaña 0-1 ante o Casa Pía no primeiro partido da temporada
O gol dos homes de Hernán Pérez marcouno Señé
Primeiro envite da pretemporada para o CD Lugo, coa localidade portuguesa de Melgaço como enclave escollido. O rival, Casa Pía AC, conxunto da primeira división portuguesa, convertíase na primeira pedra de toque para os de Hernán Pérez, que chegaban a terras lusas en pleno arranque do período de preparación.
Os albivermellos formaban de inicio con Whalley en portería, Torrado, Alberto, Castrín e Lebedenko en defensa; Xavi Torres, Señé e Clavería en medular, e Sebas, Baena e Cuéllar en liña de atacantes. O choque pronto se descubriría como de perfil clásico no referido a estas alturas de precampaña, cun duelo de ritmo inicial pausado, aínda que ascendente co paso dos minutos, e con ambos os bloques contemporizando movementos para probar sensacións e estruturas.
O Lugo gañou 0-1, con gol de Señé.
|CRÓNICA|📄📸🎥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) July 13, 2022
👉Vitoria do #CDLugo en Melgaço, no primeiro partido da pretempada (0-1) fronte á @casapiaac
▶️ https://t.co/pNJUXzKye5 #ForzaLugo #AcostumadosALoitar pic.twitter.com/HGtkhhAUdU