Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo ficha o brasileiro Bruno Pirri para a defensa

O Lugo ficha o brasileiro Bruno Pirri para a defensa

Pode actuar tanto no centro da zaga como no lateral dereito e de pivote defensivo

G24.gal 05/08/2022 11:30

O Lugo asinou o brasileiro Bruno Pirri, que reforzará a defensa do conxunto galego en varias posicións.

A entidade que máis anos consecutivos leva en LaLiga SmartBank confirmou a incorporación do polivalente futbolista, que pode actuar tanto no centro da zaga como no lateral dereito e de pivote defensivo.

 

O contrato do xogador brasileiro, que cumpriu en maio 30 anos, é dunha tempada e o Lugo destaca a súa ampla experiencia internacional, tanto no Brasil (Atlético Paranaense), México (Chiapas e Cafetaleros), Portugal (Vitoria Setúbal) e China (Kunshan).

O conxunto branquivermello explicou que o defensa se incorporará á dinámica de equipo de maneira inmediata e a data da súa presentación comunicarase proximamente.

Bruno Pirri, de 1,87 metros, conta con pasaporte italiano e estaba sen equipo desde que se desvincul-ou en xaneiro do Kunshan chinés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos