Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo festexará a salvación no Anxo Carro contra o Fuenlabrada

O Lugo festexará a salvación no Anxo Carro contra o Fuenlabrada

O triunfo do Almería ante a Real Sociedade B certificou matematicamente a permanencia

A próxima será a undécima tempada consecutiva do Lugo no fútbol profesional

G24.gal 14/05/2022 11:46

O Almería celebrou por eles e, de paso, polo Lugo ata converter Anoeta nunha bancada branca e vermella. Contou cun axitador inicial como o ex lucense Appiah, cedido no cadro da muralla a pasada temporada.

O inglés provocou a falta que deu o orixe o cero a un marcado por Rodrygo Ely tras un centro de De La Hoz. Pero se hai un xogador diferencial na categoría o que os almerienses lle van deber gran parte do ascenso ese é Sadiq, participante en 25 dos 65 goles do conxunto andaluz.

Ante a Real Sociedade B, o nixeriano volveu resultar decisivo. Provocou un penalti que Zubiaurre lle detivo a Portillo. Deixou unha xogada maravillosa con taconazos, caneos e remate esbaratado polo meta realista.

E nada máis entrar no campo, outro ex lucense Lazo, apoiase no seu compañeiro para marcar o cero a dous, colocar o Almería a un paso de Primeira e certificar a permanencia do Lugo. En definitiva, un Lazo de unión entre os dous equipos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade