Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo vence a Cultual Leonesa co gol de Santi Samanes aos 22 segundos

O Lugo vence a Cultual Leonesa co gol de Santi Samanes aos 22 segundos

O Lugo consegue a vitoria grazas a un gol aos 22 segundos de Santi Samanes

Iker Piedra parou un penalti na segunda metade

G24.gal 09/08/2025 13:42 Última actualización 09/08/2025 15:16

O Lugo logrou a vitoria contra  a Cultural Leonnesa, un equipo que va xogar en Segunda División esta temporada. O C. D. Lugo púxose por diante nada máis comezar o partido a través dun gol de Santi Samanes. Pese a iso a Cultural contou con varias ocasións durante a primeira metade, pero sen poñer en moitos apertos os lucenses.

Xa na segunda metade a Cultural conseguiría un penalti sobre Bicho, pero o cancerbeiro Iker Piedra pararía o penalti lanzado polo xogador cedido polo Oviedo, Paraschiv. Durante esta segunda metade o Lugo contaría con varias ocasións, sobre todo unha protagonizada por Lago Júnior que mandaría fóra.

Con este resultado o Lugo consegue a vitoria cotra un equipo de superior categoría despois de empatar no seu encontro anterior contra a Sarriana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos