Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo confirma a Hernán Pérez como novo adestrador

O Lugo confirma a Hernán Pérez como novo adestrador

Procede do primeiro equipo Xuvenil do Real Madrid

G24.gal 16/06/2022 13:23 Última actualización 16/06/2022 13:28

O Lugo e Hernán Pérez chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo da entidade albivermella.

Pérez chega ao club tras unha traxectoria crecente no fútbol nacional. Tras unha etapa inicial como futbolista, comezaba o seu percorrido como adestrador no C. D. Lealtad, pasando despois pola estrutura do Real Oviedo, e afrontando máis tarde a dirección do Langreo, Barakaldo C. F., Unionistas de Salamanca C. F. e, no seu último labor previo á chegada ao Anxo Carro, a do primeiro Xuvenil do Real Madrid C. F.

O novo preparador do C. D. Lugo une mocidade e experiencia, é garantía de compromiso e de traballo, deixando un legado importante tras de si de mellora continuada e crecemento en todas as etapas desenvolvidas ata o momento. Xunto a el, incorpóranse ao club Clemente Sánchez (Segundo adestrador), e Adriá Díaz Valverde (Analista).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade