O Lugo comeza a reconstrución sen os tres eternos capitáns
Rubén Albés confirmou que o groso dos titulares desta temporada continuarán a vindeira campaña
Eran as oito menos cuarto da tarde cando Pita, Iriome e Seoane, abandonaban o campo entre os aplausos do público e as apertas dos compañeiros e do corpo técnico. Con este simbólico acto, poñíase punto e final a unha década prodixiosa no Lugo. Tan intensa que ata un tinerfeño acabou por despedirse en galego.
Logo tocoulle a vez a Seoane, quen animou os afeccionados a continuaren co espírito do 2012. E rematou cun clásico na bancada do Anxo Carro nos últimos anos. Pita si, mercenarios non.
O encontro foi unha festa de música e de cores. Nela, os tres tenores esforzáronse por agradar, Pita dirixiu por última vez a orquestra, Iriome realizou o seu último baile e Seoane cantou gol rodeado polos compañeiros e marchou ovacionado polo público. O espectáculo debe continuar.