Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo comeza a pretempada con vitoria

O Lugo comeza a pretempada con vitoria

O equipo adestrado por Munitis vence 2-0 o filial do Porto

Edu Taboada e Leandro Antonetti, ambos no Polvorín a pasada tempada, anotaron os goles

G24.gal 29/07/2023 13:49

A cidade portuguesa de Melgaço vería a estrea do C. D. Lugo nesta pretempada. Diante, un rival con xogadores novos, mais de moito talento, o Porto B.

O partido caracterizouse por ser o primeiro do cadro de Munitis, demostrando un gran traballo táctico e físico, mais con falta de rodaxe no último terzo do campo.

Ao tempo de lecer, todo moi igualado pero sen demasiadas ocasións. Á segunda metade saltarían outros 11 xogadores, cambiando completamente o equipo e deixando maior sensación de perigo. Ambos equipos conseguiron acercarse máis á meta rival, mais foi o Lugo quen acabou furando as redes do porteiro. Era o momento dos máis novos de demostrar o seu nivel, e cumpriron. 

Primeiro Taboada remataría un centro dende o lado dereito chegando dende atrás e anotaría un gran tanto para facer o 0-1. Case ao final, o portorriqueño Antonetti, tamén no Polvorín a pasada tempada ao igual que Taboada, sería o máis listo no campo e aproveitaría un rexeito na área pequena tras o rexeitamento nun saque de esquina. 

O encontro remataría co 0-2 e Munitis comeza a súa andaina con gran pé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos