O Lugo busca pechar a permanencia ante o Cartaxena
"Hai que ser conscientes de onde vimos. O ano pasado, este partido foi fundamental"
Rubén Albés falou na previa do duelo desta xornada fronte ao FC Cartaxena. O técnico vigués subliñaba a importancia do choque en busca de tres puntos básicos para o obxectivo principal.
Pide a presenza masiva dunha afección que, na campaña pasada, resultou fundamental no desenlace deste duelo clave:
"Hai que ser conscientes de onde vimos. O ano pasado, este partido foi fundamental. Necesitamos unha conexión coa afección como a que vimos entón”
"Hai que dar a mellor versión posible. Medímonos a un rival moi forte, non nos vai a regalar absolutamente nada. Será un duelo esixente, e imos necesitar a toda a nosa xente para gañar"
|SP| 📽️
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) April 7, 2022
👉 Lembra as palabras do míster @RubenAlbes durante a comparecencia de prensa de hoxe, previa ao #LugoCartagena! 🗣️#ForzaLugo