Cargando resultados...
O Liceo xoga en Francia coa obriga de obter a primeira vitoria
O Liceo xoga en Francia coa obriga de obter a primeira vitoria
Jacobo Copa: "Temos que facer un partido serio"
G24.gal
05/12/2024 13:50
Última actualización 05/12/2024 13:55
Esta tarde xoga o Liceo partido da fase de grupos da Copa de Europa. A terceira xornada da competición europea leva os verdes á pista do Dinan Quevert francés, a priori un dos rivais máis accesibles do seu grupo.
O Liceo chega coa obriga de obter a primeira vitoria despois da derrota na visita ao Trissino italiano e o empate en Riazor hai sete días co Oliveirense portugués.
Jacobo Copa: "Temos que facer un partido serio, levamos unha boa dinámica e manter a solidez defensiva".
O Liceo é cuarto na táboa con ese único punto.