Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo volve á Champions e afronta un duelo clave na pista do Oliveirense

O Liceo volve á Champions e afronta un duelo clave na pista do Oliveirense

Os dous primeiros clasificados da fase de grupos pasan á final a oito

G24.gal 24/01/2023 21:44

Volve a WSE Champions League de hóckey sobre patíns recuperando o antigo formato de fase de grupos. O Liceo comezará o percorrido este xoves na pista do Oliveirense portugués, un clásico europeo que non pasa polo seu mellor momento de resultados no poderoso campionato do país veciño. 

A Champions tradicional viuse cortada pola COVID-19 e nos últimos anos disputouse un torneo oficioso que designaba un campión de Europa nun formato de final a oito en réxime de concentración. Unha vez superada a pandemia os equipos volven encadrarse en grupos de catro coa novidade de que os dous primeiros acceden á final a oito no canto de pasar unha eliminatoria de cuartos de final. 

O Liceo quedou encadrado co Benfica, Oliveirense e Calafell. O gran favorito é o Benfica e todo apunta a que os coruñeses e os do Baixo Miño xogarán a segunda praza e, por iso, a trascendencia deste encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar