Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo perde en Noia e non certifica o pase á final da OK Liga

O Liceo perde en Noia e non certifica o pase á final da OK Liga

O domingo xogarán o cuarto partido despois de perder o terceiro por un claro 6-0

G24.gal 03/06/2022 22:18

O Liceo perdeu na pista do Noia e terá que agardar para certificar o seu pase á final da OK Liga. Foi unha derrota contundente decidida polo acerto que tivo o equipo catalán na bola parada na segunda metade. 

O temperán gol de Jordi Bargalló marcou un igualado primeiro tempo no que os dous equipos fixeron un gran traballo defensivo. Ao pouco de comezar a segunda metade un penalti transformado por Xavi Costa comezou a decantar o partido. Logo chegaría unha falta directa na que Eloy Mitjans estivo letal cos seus clásicos lanzamentos sen encarar portería. 

Costa e Mitjans repetirían pouco despois poñendo o 5-0 a 13 minutos para o final e cos dous equipos pensando no cuarto partido. E aínda habería un gol máis, o anotado por Roc Pujadas, que anotaba o definitivo 6-0. 

Na outra semifinal o Barcelona gañou na pista do Reus e colle vantaxe na eliminatoria (2-1). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade