Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo medirase ao Lleida nos cuartos de final da OK Liga

O Liceo medirase ao Lleida nos cuartos de final da OK Liga

O equipo coruñés gañoulle ao Voltregá por 5-3 con dous goles de Jacobo Copa

G24.gal 04/05/2025 15:14

O Liceo rematou a liga regular e agora tócalle afrontar os play off polo título. Xa tiña o segundo posto garantido e só faltaba rematar a xornada para coñecer o rival nos cuartos de final. Terá que superar o Pons Lleida, sétimo clasificado na OK Liga, e evitou o Noia ao que ninguén quería na primeira eliminatoria. 

O partido comezou co gol do ex liceísta Alex Rodríguez pero o Liceo recuperouse e conseguiu poñerse cun 4-1 cos goles de Jacobo Copa, Dava Torres, Pablo Cancela e Tato Ferruccio. Alex Rodríguez deulle emoción ao partido marcando dous goles e deixando o 4-3 a cinco minutos do final. A falta dun minuto Jacobo Copa marcou o segundo da súa conta e pechou o triunfo do Liceo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos