Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña remata cun ano de serie positiva do Lleida (82-91)

O Leyma Coruña remata cun ano de serie positiva do Lleida (82-91)

O histórico Estudiantes gaña na pista do COB (76-86)

G24.gal 01/02/2023 22:20

Desde o 6 de febreiro de 2022 levaba sen perder un partido na súa casa o Força Lleida. Ata que chegou o Leyma Coruña e profanou unha pista ata o de agora inexpugnable (82-91). 

Gran partido do equipo coruñés, nun gran momento de forma. Dominou desde o primeiro cuarto e ao descanso foise cun +16 (32-48). O equipo local reaccionou no terceiro cuarto e entrou nos primeiros minutos do último cuarto a só catro puntos dos galegos (60-64). 

Aguantaron os de Epi e, grazas ao gran partido de Javi Vega (21 puntos) e Barrueta (23) puideron levar o triunfo. 

O histórico Estudiantes visitaba a pista do COB de onde levou o triunfo (76-86). Os madrileños colleron unha vantaxe de dez puntos ao principio do segundo cuarto que xa non soltarían. Encontro moi meritorio dos ourensáns que, malia ir sempre por detrás, nunca se renderon e mesmo soñaron coa fazaña no último cuarto cando se puxeron a seis puntos (57-63). Decidiu a maior calidade dos estudiantís no último cuarto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos