Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña ficha o aleiro serbio Djordje Simeunovic

O Leyma Coruña ficha o aleiro serbio Djordje Simeunovic

Ten 27 anos, mide 201 cm e procede do Rouen Métropole Basket da Prol-B francesa

G24.gal 17/08/2022 11:37 Última actualización 17/08/2022 11:41

O Leyma Coruña anuncia a incorporación de Djordje Simeunovic (Serbia, 27 anos, 201 cm), xogador que ocupa a posición de aleiro e que procede do Rouen Métropole Basket da Prol-B francesa.

Trátase dun xogador moi polivalente que poderá achegar e axudar en varias posicións de xogo. A súa principal calidade e pola que destaca en particular, é pola súa intelixencia na lectura de xogo e pola súa capacidade para anotar tanto preto do aro como desde as posicións exteriores. Sen dúbida é un xogador con boa capacidade física para defender posicións interiores e para achegar na faceta reboteadora nos dous aros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos