O Leyma Básquet Coruña ten unha cita histórica na Copa Princesa
Beqa Burjanadze: "É unha cousa moi grande para o club, para a súa historia, e hai que gozalo"
En vinte e oito anos de vida, o Leyma Básquet Coruña foi subindo chanzos, pero nunca se vira diante da posibilidade de loitar por un título coma este. Grazas a unha primeira volta de altos voos, que rematou segundo con trece vitorias en dezaoito partidos, chega ao seu cumio coa disputa da Copa Princesa. O club vive un momento histórico
Beqa Burjanadze: "É unha cousa moi grande para o club, para a súa historia e hai que gozalo".
Gozo que non implica ir de turismo á final. O equipo coruñés gañoulle ao mítico Estudiantes na Liga a domicilio.
"Son favoritos pero demostramos que sabemos competir".
Porque nin sequera o potente equipo madrileño, líder da Liga, carece de puntos febles.