Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma remata o periplo na ACB co aplauso do público e berros de "Epi, quédate"

O Leyma remata o periplo na ACB co aplauso do público e berros de "Epi, quédate"

O Baskonia gañou no Coliseum na despedida do campionato cunha anotación que volveu a superar os cen puntos (101-105)

G24.gal 30/05/2025 20:11

O Leyma Coruña marchou da ACB seguindo a tónica de toda a temporada. A defensa máis feble dos últimos 30 anos (95'5 puntos en contra de media por partido) encaixou 105 diante do Baskonia co que perdeu no Coliseum (101-105). O público demostrou estar á altura da competición e apoiou ao equipo ata o último partido no que puido despedirse Trey Thompkins, ausente nas últimas xornadas por lesión. 

Tivo pouca historia o enfrontamento porque o Baskonia non podía mellorar nin empeorar o oitavo posto, co que xa está pensando no primeiro encontro do play off diante do Real Madrid. O primeiro cuarto acabou cunha anotación alta (25-29) pero con moita igualdade. O Baskonia deu un pequeno chimpo no segundo (28-39) ao que respostou o Leyma cun parcial de 12-0. Ao descanso o resultado era de 50-52. 

No terceiro seguiu facendo a goma o cadro coruñés que tanto era incapaz de aguantar o ritmo anotador do seu rival (54-62) como volvía a meterse no partido (73-74). O último cuarto volveu a empezar co cadro coruñés metido de cheo (80-85) ata que o Baskonia deu o golpe de graza (86-97) con nove puntos de marxe, unha diferenza coa que xogou nos últimos minutos. O partido acabou do peor xeito, cunha dobre técnica para o visitante Moneke e o local Burjanadze que foron descualificados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade