Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Legado de Max organiza unha xornada de adopción de animais en Carballo

O Legado de Max organiza unha xornada de adopción de animais en Carballo

A protectora coida ao redor de 150 cans e gatos nas súas instalacións

G24.gal 01/10/2022 21:32 Última actualización 01/10/2022 21:59

España está á cabeza de Europa en cifras de abandono de animais, uns 700 cada día. É un dato arrepiante que combaten os refuxios intentando concienciar sobre a tenza responsable.

A protectora O Legado de Max organizou unha xornada de adopcións na procura de familias para unha pequena parte dos cans e gatos que coidan nas súas instalacións de Carballo, preto de 150.

As persoas interesadas na adopción deben cubrir un cuestionario de idoneidade. Os animais pasan un período de acollemento previo á incorporación definitiva ao seu novo fogar.

Esta foi a segunda xornada de adopción organizada pola asociación carballesa, satisfeita coa resposta e co interese que suscitou a iniciativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade