Publicador de contidos

Publicador de contidos

O labor das farmacias na atención á poboación no rural

O labor das farmacias na atención á poboación no rural

A Semana da Saúde no concello ourensán do Pereiro de Aguiar comeza abordando o traballo dos farmacéuticos e as farmacéuticas, que excede dispensar medicamentos

Promover hábitos saudables entre a poboación é un dos obxectivos das xornadas

Son os profesionais do centro de saúde os que promoven estas actividades para axudar a enfrontarse a doenzas crónicas, como a diabetes, a hipertensión ou o colesterol alto

G24.gal 18/09/2023 21:25 Última actualización 18/09/2023 21:41

Promover hábitos saudables entre a poboación do rural e acercala tamén aos profesionais da saúde para que poida coidarse e enfrontarse mellor ás doenzas crónicas, como a hipertensión, a diabetes ou colesterol alto. Este é o obxectivo co que comeza a Semana da Saúde no concello ourensán do Pereiro de Aguiar. Hoxe abordaron o importante papel do farmacéutico ou farmacéutica no rural.

A atención nas farmacias do rural é máis próxima e directa que nas cidades e con máis tempo, o seu labor excede o de simplemente dispensar os medicamentos. Resolven dúbidas e axudan a pedir citas.

Os propios profesionais do centro de Saúde do Pereiro de Aguiar organizan a Semana da Saúde para promover hábitos saudables entre a poboación. Nunhas xornadas falaranlles de nutrición, da hipertensión, da diabetes ou do colesterol alto, de como coidarse e tamén de como evitar os riscos cardiovasculares.

As farmacias no rural son un servizo fundamental para a poboación
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade