Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Juan Sebastián Elcano atraca no porto da Coruña

O Juan Sebastián Elcano atraca no porto da Coruña

Nos seus case 100 anos de historia é a segunda vez que chega a este porto

O buque escola celebra o 500 aniversario da primeira circunnavegación de Elcano

Chegada do buque escola ao porto da Coruña
G24.gal 06/07/2022 14:56

Faltaban uns minutos para as once da mañá cando a esvelta figura do buque escola asomaba no horizonte. Nos seus 94 anos de singraduras é a segunda vez que fai escala no porto da Coruña. Este é un ano de celebración.

"Estamos celebrando o quinto centenario da primeira circunnavegación, a primeira volta ao mundo que a completou un mariñeiro español, o Juan Sebastián Elcano, que é precisamente o mariñeiro ao que nós honramos levando o seu nome por todo o mundo", explica Manuel García Ruíz, capitán de navío.

Hoxe era un día de emoción e de nervios para toda a tripulación, pero en especial para os 73 alumnos de terceiro que están a piques de rematar a súa instrución no buque escola.

"Cando un oficial entra na Escola Naval Militar sempre ten os seus ollos enfocados ao terceiro curso para embarcar no Juan Sebastián Elcano e desfrutar destes marabillosos momentos e os países que visitamos, distintos portos que se nos recibe sempre moi ben", apunta Alberto Sánchez, gardamariña.

Especialmente hoxe que viñeron recibilos as súas familias, algunhas dende moi lonxe.

Este cruceiro de instrución, que partiu de Cádiz o 12 de febreiro, remata a vindeira semana en Marín, sempre coincidindo coa festividade da Virxe do Carme.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade