Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Instituto de Estudos Ulloáns celebra o Día das Letras Galegas no castelo de Pambre

O Instituto de Estudos Ulloáns celebra o Día das Letras Galegas no castelo de Pambre

A filóloga Andrea Santiso impartiu un relatorio sobre a figura de Luísa Villalta

Félix Aragunde 17/05/2024 20:49 Última actualización 17/05/2024 22:26

Un romance musicado pola acordeonista Marisa Dapereira e polo escritor Toño Núñez abriu no castelo de Pambre, en Palas, a celebración do Día das Letras organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns.

Deseguido, a filóloga Andrea Santiso impartiu un relatorio sobre a figura literaria da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta.

Andrea Santiso, filóloga: "É unha autora moita completa, que traballou moitos xéneros e moitas artes, e que reuniu todas nas súas composicións. Ademais, déixanos ver un universo moi complexo na súa literatura".

No acto recitáronse tanto versos de Luísa Villalta como dos autores que participaron na homenaxe. Fixérono ao abeiro do monumento máis destacado desta comarca, o castelo de Pambre, que ao mesmo tempo representa un símbolo de resistencia.

Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns: "É o único castelo do século XV que permanece intacto. Pero, ademais, nesta casa ao carón viviu o filólogo Manuel García Blanco, que en 1917 publicou un libro sobre a rehabilitación da lingua galega".

Precisamente contribuír, mediante as súas actividades, á posta en valor da cultura propia, no contexto territorial da Ulloa, figura entre os obxectivos do Instituto de Estudos Ulloáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos