Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio dunha vivenda familiar en Betanzos deixa importantes danos materiais

O incendio dunha vivenda familiar en Betanzos deixa importantes danos materiais

A casa estaba baleira no momento en que se produciu o lume

A orixe do incendio non está clara, pero os bombeiros sospeitan dun fallo eléctrico

 

G24.gal 19/02/2024 13:33

Pasaban as catro da tarde cando o propietario da vivenda chamou o 112 para dar a voz de alarma. Unha densa columna de fume saía das fiestras dunha habitación do primeiro andar.

"O primeiro que fixemos foi arrefriar esa habitación, para despois entrar con equipos de respiración autónoma e unha cámara térmica para localizar o foco. Unha vez que o atopamos, apagámolo e ventilamos esa habitación e o resto da vivenda", explica Jose Manuel Pérez, sarxento do parque de bombeiros de Betanzos. 

Ao parecer, a porta do cuarto estaba pechada e iso axudou a cercar as lapas. Así e todo, a casa presenta importantes danos materiais. A causa do incendio non está clara, pero os expertos sospeitan dun fallo eléctrico.

"Cremos que puido ser un curtocircuíto ou unha sobrecarga eléctrica nesa habitación", aclara o sarxento.

Ademais dos bombeiros participaron no dispositivo a Policía Local de Betanzos, a Garda Civil, Protección Civil e o 061. Por sorte, a parella e o neno de seis anos que habitan a casa non estaban dentro no momento que se produciu o lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade