Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio do sur de Ávila segue medrando e ameaza 350 veciños

O incendio do sur de Ávila segue medrando e ameaza 350 veciños

O lume xa queimou máis de 500 hectáreas preto de Santa Cruz del Valle

O incendio obrigou a pechar unha estrada local no sur de Ávila

Máis de catrocentos especialistas, con 33 avións e helicópteros, traballan contra o lume
G24.gal 07/08/2022 19:58 Última actualización 07/08/2022 20:17

Máis de catrocentos especialistas na loita contra os incendios, xunto con 33 avións e helicópteros, seguen loitando contra o lume que arrasa os montes do sur de Ávila desde este venres. 

As lapas obrigaron a pechar unha estrada local en Ávila

As altas temperaturas e a orografía do terreo dificultan moito o traballo contra un incendio que non para de medrar. Polo momento, o lume non obrigou a desaloxar os 350 habitantes de Santa Cruz del Valle, aínda que si tiveron que cortar unha estrada local.

As autoridades de Castela León din que o incendio foi intencionado

Desde que comezou, este venres pola tarde, o lume xa leva queimado máis de cincocentas hectáreas. As autoridades de Castela e León din que o incendio foi intencionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar