Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tere Abelleira, a pontevedresa que levou a batuta no centro do campo

Tere Abelleira, a pontevedresa que levou a batuta no centro do campo

A xogadora galega foi a cuarta máis empregada por Vilda no campionato

G24.gal 19/08/2023 12:08 Última actualización 20/08/2023 14:21

O papel de Tere Abelleira resultou tan abraiante como sorprendente. Viña de facer unha liga co Real Madrid na que non foi titular indiscutible pero Vilda deulle o temón no centro do campo. A pontevedresa converteuse nunha das xogadoras máis empregadas polo adestrador no Mundial no que España conseguiu facer historia. 

Só hai cinco do equipo que saíron como titulares nos seis partidos. Irene Paredes estivo os 660 minutos no terreo de xogo. Jenny Hermoso é outra imprescindible (647 minutos). Por detrás delas está Ona Batlle (614) e logo xa ven Tere Abelleira (603 minutos), mesmo por diante de Aitana Bonmatí (585). 

Abelleira disputou catro partidos completos e mantívose todos os minutos nos cuartos de final diante dos Países Baixos, na semifinal contra Suecia e na final diante de Inglaterra. Tamén engade aos seus números un gol, o marcado diante de Zambia. Un campionato soñado para a muller que levou a batuta do equipo no centro do campo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade