Publicador de contidos

Publicador de contidos

O hospital de Ourense aplica unha cirurxía robótica de referencia no cancro de mama

O hospital de Ourense aplica unha cirurxía robótica de referencia no cancro de mama

En toda a sanidade pública española, só está implantada aquí e nun hospital de Badalona

Esta mesma mañá realizouse unha dobre mastectomía á que asistiron especialistas do hospital de Ferrol que queren incorporar tamén esta técnica, menos invasiva que a cirurxía convencional

G24.gal 22/03/2024 13:41

O robot Da Vinci é a plataforma que emprega a unidade de cirurxía de mama de Ourense. 

"Ao principio, cando empezas a manexar a técnica, non é tan fácil, pero cando xa a tes dominada é fácil", sinala Manuel García García, xefe de Cirurxía do CHUO.

Tamén beneficia os pacientes, ao tratarse dunha cirurxía menos invasiva.

"Manipúlanse menos os tecidos e, polo tanto, é menos traumática, menos dolorosa e cunha recuperación máis rápida", engade o xefe de Cirurxía.

Están realizando unha dobre mastectomía preventiva, unha operación que se lles practica a aquelas pacientes cunha elevada predisposición xenética a padeceren cancro de mama.

"O que facemos é sacar a mama por dentro e reconstruímos. Con iso, non eliminamos completamente o risco, pero reducímolo moito", explica Manuel García.

En toda a sanidade pública española, esta técnica, apoiada na plataforma robótica só está implantada aquí e no hospital Germans Trías de Badalona. Hoxe asisten cirurxiáns do hospital de Ferrol que tamén estudan incorporala.

"Aumenta a visibilidade, a facilidade en certos aspectos da intervención, como a disección...", di Manuel Díaz Tíe, xefe de Cirurxía do Hospital de Ferrol.

O robot Da Vinci chegou á sanidade galega en 2021 e emprégase, sobre todo, en cirurxía xeral. Este de Ourense leva actuado en preto de cincocentas operacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade