Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés paga o esforzo europeo e cae nos cuartos da Liga Iberdrola

O Guardés paga o esforzo europeo e cae nos cuartos da Liga Iberdrola

Aguantou durante 50 minutos ante o Rocasa pero acabou perdendo o partido (25-21) e a eliminatoria

G24.gal 10/05/2023 21:53

Rematou a temporada para o Mecalia Guardés coa eliminación nos cuartos de final da Liga Iberdrola. Caeu derrotado na pista do Rocasa Gran Canaria por 25-21, resultado decisivo despois do empate no partido de ida. 

O esforzo da final do domingo en Turquía e a viaxe posterior pasou factura. De feito, a estrela goleadora do Guardés Sandra Santiago apenas tivo minutos, e outras xogadores viron como a adestradora tiña que dosificar moito a súa participación. 

No primeiro tempo parecía marchar o Rocasa (9-4), pero o Guardés non lle perdeu a cara ao partido e grazas á súa boa portería conseguiu ir ao descanso 10-9. 

No segundo tempo a igualdade foi total ata o minuto 50 de partido. Constantes alternativas e o partido chegou a ese intre cun 20-19 a prol das locais. Os minutos pesaban e un parcial de 4-1 para o Rocasa resultou decisivo, unha diferenza que xa non puido enxugar o Mecalia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos