O Guardés leva un emocionante derbi no Porriño (21-22)
O Mecalia Guardés impúxose ao Rubénsa Porriño no derbi da División de Honra de balonmán feminino (21-22). Un emocionante partido no que se impuxeron as defensas e que se decidiu nos últimos cinco minutos.
O partido foi de cor visitante nos primeiros minutos (3-4) pero conforme pasaba o tempo o Porriño asentouse e pasou a controlar o encontro. Chegou a ter unha máxima vantaxe de catro goles no treito final do primeiro tempo (12-8).
Na segunda metade o partido equilibrouse. O Guardés conseguiu empatar (15-15) no minut o 11 da reanudación e de aí ao final houbo unha alternativa constante á fronte do marcador. A cinco minutos do final o resultado era de 19-19. Nos intres finais as visitantes controlaron mellor os ataques e acadaron o triunfo pola mínima.