Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés aspira a todo na Copa da Raíña

O Guardés aspira a todo na Copa da Raíña

O primeiro rival será o Xixón

Mañá en directo pola G2

20/04/2023 13:05 Última actualización 20/04/2023 13:22

O Guardés ten unha conta pendente coa Copa.

Carratú: Temos unha débeda pendente co pobo. É unha competición curta, o ano pasado puidemos chegar á final e o obxectivo desta copa é xogar os tres partidos, iso para nós xa sería un logro importante".

O Guardés foi o primeiro equipo feminino galego en xogar unha final da copa. Este ano queren dar un paso máis para seguir facendo historia.

África Sempere: "Estamos moi ilusionadas, queremos ir a outra copa e a ver se podemos gañala, temos posibilidades".

Carratú: "O pobo tenlle un cariño especial e sempre nola pide e traballamos para poder brindarlles eses trofeo".

Na loita por conseguir ese obxectivo mediranse primeiro ao Xixón.

Carratú: "Nun torneo curto todos os rivais son distintos porque saben que é matar ou morrer. Será un partido duro, se somos sólidos en defensa e resolutivos en ataque podemos conseguir a vitoria".

África Sempere: "Está moi igualada este ano a vitoria, así que poderemos dar a sorpresa".

O que non sorprenderá será ver e escoitar a un bo número de afeccionados guardeses animando o seu equipo en Málaga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade