O grupo Rodiñas aposta polo formigón e a madeira como elementos estruturais nas súas construcións
Trátase de dous sectores industriais estratéxicos para Galicia, segundo a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana
O centro de protonterapia de Santiago e a nova fábrica de Estrella Galicia levan estruturas mixtas
Na construción do centro de protonterapia do hospital clínico de Santiago ou na nova fábrica de Estrella Galicia en Arteixo empregáronse estruturas mixtas de formigón e madeira.
Elementos que fabrica no polígono empresarial de Teixeiro o grupo Rodiñas, que hoxe visitou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.
A conselleira coñeceu o proceso de fabricación desta empresa líder no sector da construción da que dixo que é "pioneira, innovadora e referente en elementos estruturais mixtos" como son o formigón e a madeira, que forman parte de dous sectores industriais estratéxicos para Galicia.
Así recordou o obxectivo da Xunta de Galicia para conseguir que un vinte por cento das edificacións públicas se fagan con madeira.