O Granada defende a aliñación de Adri López e considera a Copa como "profesional"

G24.gal 03/11/2023 15:32

O Granada defende que a Copa do Rei é unha competición profesional, polo que considera que non hai aliñación indebida do porteiro Adri López no partido da primeira rolda do torneo copeiro que o equipo andaluz xogou diante do Arousa. O equipo vilagarcián anunciou a impugnación do partido.

"O Granada quere aclarar que a Copa da SM o Rei é unha competición profesional de acordo co establecido nos artigos 83 e 84 da nova Lei 39/2022 de 30 de decembro que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2023" indicou nun comunicado o club granadino. 

É por iso polo que considera "correcta" a aliñación dun porteiro dun equipo dependente e que sexa menor de 25 anos. "Defenderemos os nosos dereitos diante de todas as instancias", comunicou o club andaluz diante da reclamación dos arousáns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade