Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Gordo do sorteo de Reis, 06703, deixa a fortuna moi repartida por toda España e Andorra

O Gordo do sorteo de Reis, 06703, deixa a fortuna moi repartida por toda España e Andorra

Xunto co Porriño, o segundo premio, 45875, levou sorte a Las Cabañuelas (Almería), Barcelona, Aranxuez e Madrid

 O terceiro, 32615, vendeuse todo entre Burgos e Granada


 

G24.gal 06/01/2026 14:49 Última actualización 06/01/2026 16:12

En 2025, a sorte do gordo do sorteo do Neno, foise toda a León, pero este ano, por contra, distribuíuse por toda España e ata en Andorra.

Brindan con entusiasmo na localidade valenciana de Quart de Poblet, pero na páxina web de loterías figuran máis dun cento de lugares como puntos de venda do 6.703.

Fóra de Marín, onde máis se está celebrando a fortuna deste primeiro premio é nesta e noutras moitas localidades da contorna de Valencia, coma Alfafar e Xirivella.

Tamén a área metropolitana de Barcelona se viu favorecida e Benavente ou Sanlúcar de Barrameda están entre os sitios agraciados co gordo de Reis.

Pero a venda electrónica fai que poida caer un destes beliscos gordos en calquera sitio, coma nunha nova administración de Logroño, onde o celebran polo afortunado ao que lle venderon un décimo "por máquina".

"Está moi ben, que son 200.000 euros, eh!!", recalca o loteiro.

O segundo premio - 45875 - máis aló do Porriño, levou fortuna a Barcelona, Aranxuez, Madrid e á localidade de Las Cabañuelas, en Almería. Reparte 750.000 euros á serie, o que supón 75.000 euros por cada décimo premiado. 

O terceiro - 32615 - si que deixa a sua sorte de maneira máis concentrada;  vendeuse únicamente en Burgos e Granada.

Con ser o de menor contía, 40.000 euros por décimo, ten un plus engadido, xa que se cobra íntegro porque non tributa a Facenda ao non superar o mínimo exento de cotización.

Igual ca nesta admnistración de Quart de Poblet, a sorte do 06703 celebrouse en moitos lugares de toda España Igual ca nesta admnistración de Quart de Poblet, a sorte do 06703 celebrouse en moitos lugares de toda España
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade