Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gordo deixa 520 millóns na estación madrileña de Atocha

O gordo deixa 520 millóns na estación madrileña de Atocha

Alí vendéronse 129 series do 86.148, premiado con 400.000 euros o décimo

Un centro comercial das Palmas de Gran Canaria vendeu 40 series do gordo

 

G24.gal 22/12/2021 14:51

O Gordo tardou en saír, pero axiña acadou alta velocidade, a dos pasaxeiros da estación madrileña de Atocha. 

Alí vendéronse 129 series do 86.148, premiado con 400.000 euros o décimo. En total repartiron 520 millóns entre traballadores da estación e viaxeiros da alta velocidade de toda España. "Clientes da estación, traballadores, turistas , estranxeiros, por aquí pasa moitísima xente" explica Javier, empregado no despacho. 

O primeiro premio tamén tocou nun centro comercial das Palmas de Gran Canaria, que vendeu 40 series do Gordo. "Tremo da emoción", "O gordo, non o podo crer", din as afortunadas.

E a alegría do Gordo tamén viaxou ata Ayamonte, en Huelva, e a Santoña, en Cantabria. De ambas localidades saíron 4 millóns de euros dun Gordo repartido e viaxeiro, o 86.148.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade