Publicador de contidos

Publicador de contidos

O golfiño Manoliño aparece na ría de Muros e Noia cun arpón cravado

O golfiño Manoliño aparece na ría de Muros e Noia cun arpón cravado

 A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños lembra que está prohibido achegarse ao animal

O colectivo asegura que a vida do arroaz non corre perigo porque a ferida que ten é superficial

Este golfiño solitario apareceu na ría en 2019 e desde entón interactúa con barcos, bañistas e navalleiros

G24.gal 30/10/2022 21:32 Última actualización 30/10/2022 22:27

O voluntariado da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) di que a ferida causada polo arpón é superficial e que a vida do golfiño non corre perigo.

"Comprobamos que ten unha variña metálica cravada no costado esquerdo e estivemos todo o día observando o seu comportamento. En principio parece que non afectou ningún órgano vital porque o animal segue nadando como todos os días”, explica Pablo Covelo, biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

O golfiño apareceu rozando o lombo contra o peirao do Freixo, no concello de Outes, no que semellaba un intento de desfacerse do arpón. 

"Pode ser un problema para el, porque pode causarlle danos peores que os que ten", explica Uxía Vázquez, Voluntaria da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

Os responsables do CEMMA estudan agora a maneira de extraerllo.

"O difícil vai ser como actuar cun animal que está en principio ben e que nada en augas profundas, a ver como facemos para intentar capturalo", explica Pablo Covelo, biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños.

O golfiño apareceu só na ría de Noia a finais de 2019, un comportamento solitario anómalo na súa especie. Desde entón interactúa con barcos e bañistas e mesmo chegou a trabar un navalleiro.  Desde o CEMMA insisten en que ninguén debe achegarse a el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade