Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno volve descartar a busca dos restos do Villa de Pitanxo

O Goberno volve descartar a busca dos restos do Villa de Pitanxo

As familias das vítimas insisten en que é necesario facelo pola investigación, non só por atopar os corpos dos desaparecidos

G24.gal 20/04/2022 14:28

O Goberno considera que non hai garantía de éxito na operación de localización dos restos do villa de Pitanxo, e unha vez localizado na busca dos corpos. Pero os familiares das vítimas insisten en que, como en calquera operación tras un sinistro, non só é importante recuperar os cadáveres, senón recompilar calquera outra información que axude a aclarar os detalles do accidente, e máis cando poden existir indicios de homicidios imprudentes.

Din que non existen eses atrancos que sinala o Goberno, nin técnicos nin competenciais, xa que son augas internacionais e sería unha acción humanitaria. Piden a todos os partidos políticos que apoien unha moción a favor da busca do pecio en Terra Nova en todos os concellos de España.

Quéixanse da interlocución coas autoridades canadenses a través dunha reunión da que non teñen novas aínda sobre as actuacións durante os tráxicos días do naufraxio e que, por exemplo, o Perú xa tivo en representación dos seus cidadáns desaparecidos.

Tampouco entenden que non se exploren todas as opcións posibles para realizar os traballos de prospección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar