Publicador de contidos

Publicador de contidos

O goberno ucraíno abre os colexios nas rexións consideradas seguras

O goberno ucraíno abre os colexios nas rexións consideradas seguras

2.400 escolas foron destruídas polas bombas en seis meses de guerra

G24.gal 02/09/2022 18:39

O curso acabou para eles en xuño de maneira precipitada pola guerra. E agora, en setembro, tan só uns poucos poden volver á escola.

O Goberno ucraíno decidiu abrir os colexios nas rexións consideradas seguras, case todos nas de Kíiv e Leopolis. Pero só funcionarán os que teñen habilitados refuxios antiaéreos para garantir a seguridade en caso de ataque.

Os pais poden elixir enviar ou non os fillos á escola. Os que non queiran terán a opción da educación a distancia.

Para milleiros de estudantes ucraínos non quedará máis remedio que estudar na casa. O Ministerio de Educación do país calcula que en seis meses de invasión os rusos destruíron 2.400 colexios, e moitos outros non son seguros nun contexto de guerra. 

Todo un desafío para o sistema educativo ucraíno, segundo o presidente do país, que visitou unha desas escolas en Irpin, preto de Kíiv.

Segundo os cálculos de Unicef, en Ucraína hai catro millóns de nenos e nenas en idade escolar. Unha boa porcentaxe iniciarán o curso noutros países, como refuxiados. Outros nin iso. A ONU calcula que case 400 menores ucraínos morreron na guerra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade