Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno reunirase con Altri para buscar "vías de financiamento" para o proxecto de Palas de Rei

O Goberno reunirase con Altri para buscar "vías de financiamento" para o proxecto de Palas de Rei

O delegado do Goberno, Xosé Ramón Gómez Besteiro, pídelle á Xunta "seriedade e responsabilidade"

Alfonso Rueda cre que deixar a Altri sen fondos europeos é a demostración de que o Goberno central prexudica a Galicia só para "prexudicar as opcións" de Núñez Feijóo como "futuro presidente" de España

G24.gal 08/06/2023 17:01

O delegado do Goberno en Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, anunciou este xoves que a próxima semana haberá unha nova reunión técnica do Ministerio de Industria con representantes de Altri para buscar "solucións e vías de financiamento" para a o proxecto que a pasteira portuguesa proxecta construír en Palas de Rei.

Besteiro foi moi crítico coa Xunta de Galicia, á que lle reclamou "seriedade e responsabilidade" para recoñecer que o xeito inicial en que se presentou este proxecto non foi a correcta, e que hai que facer que encaixe nas condicións que a Unión Europea dispón para obter financiamento.

O delegado do Goberno reclamoulle á Xunta que aclare canto vai achegar o Goberno galego a este proxecto, do mesmo modo que outras comunidades están a facelo con plans estratéxicos para os seus territorios.

Pola súa parte, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo a falta de axudas estatais con fondos europeos para o proxecto de fábrica de fibras téxtiles de Palas de Rei parécelle unha demostración do Goberno central prexudica a Galicia con fins electorais só para "prexudicar as opcións" de Núñez Feijóo como "futuro presidente" de España.

Rueda informou de que onte mesmo dirixiuse ao ministro de Industria, Héctor Gómez, para reclamarlle que manteña "a súa palabra", a pesar da proximidade das eleccións xerais, de falar sobre Altri porque lle parecía "un bo proxecto", tras as "sorprendentes" declaracións o martes da vicepresidenta do Goberno, Nadia Calviño, quen asegurou que "as normas de aplicación dos fondos esixen que se sigan uns procedementos e, polo tanto, que non se poden dar a dedo".

En abril do ano pasado, a pasteira portuguesa Altri anunciaba a súa intención de instalar en Palas de Rei a súa factoría de fibras téxtiles, coa que agardaba crear uns 1.500 postos de traballo directos.

Daquela dicía que cara a finais dese mesmo ano estaba previsto iniciar as obras e que a comezos de 2025 estivera xa en funcionamento.

A Xunta, no momento de facerse o anuncio aseguraba que era o principal proxecto co que Galicia optaba aos fondos Next Generation. "Necesitamos o Goberno central para pechar este círculo e apostar pola execución material e eficiente dos fondos europeos", dicía o daquela presidente Galego, Núñez Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos