Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno propón aumentar as cotizacións á Seguridade Social

O Goberno propón aumentar as cotizacións á Seguridade Social

Sería unha suba de medio punto, dez euros para un soldo medio

Sería unha medida temporal para pagar as pensións da xeración do baby boom

G24.gal 03/11/2021 08:04

O Goberno quere aumentar o que pagan traballadores e empresarios á Seguridade Social para garantir as pensións da xeración do baby boom e nutrir o fondo de reserva, que chegou a superar os 60.000 millóns e agora ten 2.000.

A proposta que levou o Ministerio á mesa coa patronal e os sindicatos é a de subir as cotizacións medio punto. Serían dez euros mensuais no caso dun traballador cun salario de 1.900 euros, cinco euros cun soldo mileurista.

Falta por definir canto asume o traballador, que deixaría de percibir parte do salario, e canto a empresa, que pagaría maiores cotas. 

Deste xeito a recadación aumentaría vía ingresos e non recortando as pensións futuras, como prevía a lei de 2013. Esta era unha reclamación dos sindicatos.

O aumento das cotizacións sería durante dez anos. E a partir de 2032 revisaríase o sistema cada tres anos para decidir se son necesarias máis medidas.

De momento son todo propostas que agora estudan os axentes sociais. Volverán reunirse co Goberno o próximo luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade