O Goberno eliminará impostos nas axudas para reconstruír vivendas na Palma
Dispárase o número de turistas que recibe a illa para contemplar a evolución da erupción volcánica

O presidente do Goberno anunciou que o Consello de Ministros vai aprobar a exención tributaria de todas as axudas públicas os veciños da Palma. Pedro Sánchez visitou de novo a illa de suliñou a unidade de todas as administracións na xestión do desastre.
O presidente do Goberno reuniuse co comité do plan de emerxencias volcánicas das Canarias para traballar conxuntamente na reconstrución da illa da Palma.
Pedro Sánchez anunciou que se van eliminar as exencións tributarias das axudas para a reconstrución de vivendas e inmobles. Tamén que durante 2022 se van bonificar o cen por cento as taxas relacionadas co uso de infraestruturas do transporte aéreo para fomentar o turismo.
Nas últimas semanas, o número e visitantes estase a disparar na illa. "Nunca vimos tantos turistas viaxar desde Tenerife á illa da Palma. Pasamos de ter entre 30 e 50 persoas á semana a máis de 1.200 Viñeron practicamente de todo o mundo, desde calquera lado do planeta, O Xapón, Australia, O Canadá, California, O Brasil", di o guía turístico Basso Lanzone.
As empresas turísticas intentan axudar os sectores locais que están a sufrir grandes perdas coa erupción.
"Nós intentamos que os turistas poidan comer os plátanos que xa non se poden vender no supermercado. Intentamos traballar cos restaurantes que están na zona afectada", explica Lanzone.
O Instituto Xeográfico Nacional detectou preto dos centros eruptivos una leve deformación vertical do terreo, pero os expertos din que non é significativo. A calidade do aire na illa tende a mellorar nas últimas horas.