Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno cesa a embaixadora de España en Israel

O Goberno cesa a embaixadora de España en Israel

Ana María Sálomon non exercía na práctica como embaixadora desde setembro pasado, cando fora chamada a consultas 

Ana María Sálomon (Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación) Ana María Sálomon (Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación)
G24.gal 11/03/2026 13:13 Última actualización 11/03/2026 14:11

O Goberno cesou á embaixadora de España en Israel, Ana María Sálomon Pérez, unha decisión que se produce nun momento de tensión internacional con este país coa guerra de Irán.

O cesamento foi a proposta do ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión de onte, segundo publicou o Boletín Oficial do Estado (BOE) este mércores.

Sálomon, foi convocada a consultas o pasado 9 de setembro polo Executivo no marco da crise diplomática con Israel polas medidas do Executivo en apoio a Gaza, e desde entón non regresara a Israel.

A representación diplomática española en Tel Aviv está desde entón nun chanzo inferior, exercida pola encargada de negocios, e ao mesmo nivel que a de Israel en Madrid, xa que o Goberno hebreo tamén chamou a consultas á súa embaixadora cando o Executivo de Pedro Sánchez recoñeceu o Estado de Palestina en maio de 2024.

No caso de que España queira recuperar a representación diplomática en Israel ao seu máximo nivel deberá proceder a nomear un novo embaixador.

Fontes diplomáticas citadas pola Axencia EFE explican que Sálomon levaba no cargo máis de catro anos, un período que adoita ser o habitual para este posto.

Con todo, ao ser chamada a consultas, permaneceu uns seis meses sen poder exercer o seu traballo, un prazo "que convida a tomar algunha medida sobre a súa actividade profesional, pois manter esta situación de modo indefinido non sempre é a única opción", apuntaron estas fontes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade