Cargando resultados...
O Goberno central anuncia axudas para comprar bicicletas
O Goberno central anuncia axudas para comprar bicicletas
Destinará 40 millóns de euros para impulsar o uso deste vehículo como medio de transporte
G24.gal
12/09/2024 15:06
Este xoves, Pedro Sánchez anunciou axudas por valor de 40 millóns de euros para fomentar o uso da bicicleta.
A metade irá para subvencionar a súa compra, para particulares e empresas de repartimento. O resto dos cartos irán para mellorar ou implantar sistemas de bicis públicas nas cidades españolas.
Sánchez fixo un chamamento aos alcaldes para que "se sumen a este movemento" e "non se deixen levar polo escurantismo anticlimático dalgúns partidos políticos que desmantelan carrís bicis e zonas peonís, incluso cando xa chegaron as axudas de Europa e foron pagadas, precisamente, polo fondos Next Generation".