Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno catalán avisa: o acordo para a investidura de Sánchez está "lonxe"

O Goberno catalán avisa: o acordo para a investidura de Sánchez está "lonxe"

A voceira do Govern pídelle valentía ao PSOE e defende que a amnistía só é cuestión de vontade política

O Consell da República, desvelará esta tarde se promoven bloquear a investidura de Sánchez

Hai dúbidas sobre que fará Puigdemont se o Consell da República pide bloquear a investidura
G24.gal 24/10/2023 14:32

Co acordo Sánchez-Yolanda comezan a levantarse os piares do novo goberno de coalición, pero o edificio aínda necesita moito traballo para que quede pechado. 

Todo se coce en Cataluña e Bruxelas. Ou o que é o mesmo, todo depende agora de Junts per Catalunya e Esquerra Republicana. A voceira do Goberno catalán, Patricia Plaja, avisa que, a día de hoxe, o acordo para a investidura de Pedro Sánchez, está "lonxe". 

A negociación co expresidente encara a súa fase final a próxima semana. Hoxe está previsto que o Consell da República desvelará se promoven un bloqueo á investidura de Sánchez. Que impacto terá o resultado deste órgano non vinculante sobre Puigdemont é unha incógnita. E que resultado sairá da consulta é outro dos misterios.

O que está na cabeza do expresidente non se sabe, pero si o que escribe. Onte mesmo reiterou que a independencia política de Cataluña é a única maneira de continuar existindo como nación. 

Malia todo o segredismo, moitas fontes coinciden en que as negociacións seguen avanzando. O futuro goberno depende de Puigdemont, pero non só.

Hai outros actores. O Goberno catalán pídelle valentía a Pedro Sánchez. E defende que non hai impedimentos legais para a amnistía, que se trata, di, dunha cuestión "de vontade política". Se como di o PNV, o acordo non se selará ata a última hora do último día, non descarten nada.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade