Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno adxudica a redacción do estudo informativo da saída ferroviaria Sur de Vigo

O Goberno adxudica a redacción do estudo informativo da saída ferroviaria Sur de Vigo

O documento deberá sentar as bases e establecer as alternativas de trazado para dar continuidade ao Eixo Atlántico de alta velocidade cara a Portugal

G24.gal 17/05/2023 11:04

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou por 884.207,5 euros a redacción do estudo informativo da saída ferroviaria sur de Vigo á unión temporal de empresas (UTE) Prointec-Geoconsult, cun prazo de execución de 18 meses.

A adxudicación, di o ministerio nun comunicado, supón un novo paso para potenciar as conexións ferroviarias entre España e Portugal, de acordo con o compromiso referendado por ambos os países no XXXIV Cumio Hispano-luso, celebrado en Lanzarote o pasado mes de marzo.

Trátase dun avance na conexión de alta velocidade entre Vigo e O Porto. O obxecto deste estudo informativo é desenvolver as alternativas de trazado para dar continuidade ao Eixo Atlántico de alta velocidade cara a Portugal.

O estudo deberá definir unha nova configuración da Estación de Vigo-Urzáiz como pasante, e un novo treito ferroviario que a conectará coa liña convencional en dirección cara a Tui. Isto permitirá, ademais, a reordenación dos tráficos ferroviarios na contorna de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade